займ срочно
Foto Loli Fernández

Foto Loli Fernández

Antonio Bermúdez foi a referencia en xornalismo deportivo en Compostela nas últimas decadas. Si alguén precisaba dun dato era a persoa adecuada; na súa mesa sempre libretas cheas de números e un listín telefónico confeccionado a base de anos. Co pasamento de Antonio escapa outro anaco da historia de Compostela e da historia da radio da cidade. Compostela segue en débeda con Radio Galicia, cos anos no que era a única radio da vila e coas persoas que a fixeron posible.

Antonio marchou antes de tempo aínda que a morte de persoas que atesouran tanta memoria dunha cidade sempre e prematura. En outubro falabamos con el para unha entrevista en Lindeiros, que sirva agora como último homenaxe a un bo compañeiro.


Foto Loli Fernández

Foto Loli Fernández

É a memoria dos últimos corenta anos do deporte en Santiago, viviu os mellores e os peores momentos do Compostela, o Obradoiro, o Santiago Futsal… coñece como ninguén a agrupación de veteranos ou como naceu esa moda das carreiras pedestres, pasou do pavillón do Obradoiro ao Multiusos de Sar é da grada de río ao novo campo de Santa Isabel.

Falar con Antonio Bermudez é entrar na realidade do deporte da cidade, pero tamén dunha importante parte da súa historia. O seu primeiro contacto coa radio naceu por algo que hoxe é moi habitual, un partido solidario

“A miña familia paterna é de Carral, en aquel equipo xogaba “Astorga”, lle chamaban así porque nacerá en esa cidade e a verdade é que hoxe xa non lembro o seu verdadeiro nome. Este xogador tivo un problema na cabeza que obrigaba a unha operación na que lle colocarían unha válvula; algo moi caro en aqueles tempos e que tiña ademais que ser comprada en Inglaterra. Astorga era estudante de medicina e a facultade ofreceuse a facerse cargo da operación pero faltaba a válvula. Preparouse o partido para recadar fondos e eu achegueime a radio para ofrecer a miña axuda a Santiago Davila. Aquilo pasou e un día Davila chámame para preguntarme se podo cubrir un partido do Compostela xa que sabía que eu era moi afeccionado, díxenlle que si e parece que saíu ben porque foi o primeiro de moitos”.

Foto Loli Fernández

Foto Loli Fernández

Un clásico da radio é o carrusel pero o que hoxe é normal, as conexións cos campos, era algo moito máis complexo cando o programa era local e so existían teléfonos fixos.

“O programa comezaba as 9 da noite, a esa hora tíñamos que ter os resultados de tódolos equipos. O inverno nos beneficiaba porque os partidos comezaban antes pola falta de luz e tíñamos máis tempo para chamar e conseguir os datos. En aquela época marcabas o 09 e pedías que che pasaran por exemplo co 14 de Bembibre, como tíñamos dous teléfonos pedías ao mesmo tempo dúas conexións para preguntar nos campos, ou nun bar onde sabías que se reunían tralo partido. Si entraba alguén pola porta atopábate falando cun auricular en cada orella. Tenos pasado de todo; por exemplo un directivo, dono dun bar ao que chamábamos para pedir información, marchaba e deixaba recado a señora; a boa da muller dicíache que empataran -¿pero a cantos goles? -iso non o sei; teño chamado a cuarteis da Garda Civil porque eran os que acudían aos campos para evitar altercados e eles che pasaban os resultados; nunha ocasión como a parella aínda non volvera foron eles os que me devolveron a chamada e me contaron como quedaran”.

Aínda que segue moi vinculado a radio e segue colaborando recoñece que para el é un vicio, un pasatempo. Hai catro anos estivo a piques de deixalo por completo porque cría que cumprira un ciclo completo, unha etapa

“Era o momento clave, pensei que existe o Obradoiro, o Santiago Futsal pero eu realmente comecei co Compostela en preferente, desde esa categoría acompañei ao equipo ata a primeira división e agora que volvía a preferente era o momento de pechar o círculo”.

A chegada do Compostela a primeira división foi un cambio enorme ao que se tivo que adaptar, non so el, se non toda a cidade

Foto Loli Fernández

Foto Loli Fernández

“Fernando Santos chega como adestrador e leva ó equipo da terceira a segundaB , a segunda e despois de 3 anos á primeira nacional, unha carreira así era difícil que a asumiramos nos pero tampouco o equipo e moito menos a cidade. Santiago é unha cidade que, como eu digo, sempre se apunta as festas pero non aos funerais; pero é mais , estando en segunda A, e xogando aínda en Santa Isabel, nunca se enchía o campo. En San Lázaro o único partido no que se colgou o cartel de non hai billetes foi contra o Sporting de Gijón xa que veu a “Mareona”, que segue indo co equipo, e ocupáronse as 13.000 localidades pero foi a única ocasión na que sucedeu”.
 

Necesitase moito tempo si un quere falar con Bermudez porque se non quedas coa sensación de querer máis, de preguntar máis, e de que este home non é que de para un libro, da para unha enciclopedia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies