Obradoiro CAB, 45 anos encestando

0

obradoir-entrntodsc_0043_rO Obradoiro CAB cumpre este ano 45 anos pero tamén cumpre cinco na ACB, quen nos pode axudar en esta reportaxe e falar das dúas cousas é o adestrador Moncho Fernández que comezou acudindo ao antigo pavillón e acabou no posto que agora ocupa. Comezamos preguntado por iso e polo importante que é este momento.

“Un club que cumpre 45 anos, que competirá por quinto ano consecutivo na liga Endesa, son motivos para a celebración. Falabamos de que o obxetivo era manterse, que o Obra non fora un equipo “ascensor”, que se asentara ma liga e formara parte da paisaxe do mellor Basket do estado, estaos no camiño e ogalla que os que estamos a formar parte de isto non esquezamos o que está pasando porque é algo francamente difícil”.

O equipo converteuse en estes anos nun equipo sólido que se mantén na ACB por dereito propio, en moitos casos a xogadores que despois despuntan en outros sitios, cal é a fórmula?

dsc_0023obra_entrento_r“O que é importante e ter unha filosofía e uns principios, en ese aspecto tódolos que formamos parte do Club, desde o corpo técnico ata a administración ou dirección deportiva, comulgamos cos mesmos valores e iso e bo porque establece claramente os perfís de xogadores que queremos. Por outra banda non podes pelexar contra a realidade, o noso orzamento é un dos máis baixos da liga así que o que facemos é poñer en valor as cousas que son boas; para os xogadores? dicímoslles -vinde aquí, imos axudarvos a desenrolar a vosa carreira e vos axudarnos a acadar os nosos obxetivos – que o Obradoiro é un equipo trampolín? pois perfecto porque iso fai que xogadores con calidade que despois irán a equipos mais grandes, incluso a NBA, virán aqui a xogar e iso é co que podemos competir”.

Celebrar un aniversario ou a actual situación do equipo era algo desexado pero tamén merecido

“Cando chegamos era o corenta aniversario e a premura por facer un proxecto deportivo ocultou un pouco todo aquilo. Creo que este ano con máis tempo todo o que esta a facer o club e moi bo, é importante non esquecer que para chegar aqui antes houbo o traballo de moitos. Gústame dicirlle aos xogadores que o Obradoiro non é noso que nolo prestaron durante un tempo”.

Os medios fai tempo que lle chaman a Moncho o alquimista polo xeito que ten de extraer o mellor de todo o mundo, falando con el un decátase de que ademais ten algo de meigo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial