Remata a tempada para o Obradoiro CAB

0

Compostela, 21 de abril do 2020 – O Obradoiro CAB ven de comunicar aos abonados o remate da tempada despois da reunión da ACB.

A crise do Coronavirus pon fin a liga de baloncesto 2019 – 2020 polo que teremos que esperar acontecementos e decisións cando se levante o estado de alarma. A continuación o comunicado íntegro emitido polo Obradoiro CAB.

Estimado abonado:

 #Ante os eventos extraordinarios que vivimos debido á propagación do  Covid-19, o noso maior desexo desde o Monbus Obradoiro é que os nosos afeccionados, así como os seus familiares e achegados, atópense en bo estado de saúde. De igual maneira, moito ánimo e unha pronta recuperación para aqueles que enfermasen.

Tras a Asemblea ACB que tivo lugar no día de hoxe, luns 20 de abril, a liga Regular 2019/20 quedou cancelada por causa de forza maior, resultante da declaración de estado de alarma, na que aínda nos atopamos, por parte do Goberno de España, para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo citado Coronavirus.

 Unha vez finalice dita situación de excepcionalidade, o Consello de Administración da entidade reunirase para tomar as decisións que procedan nas diferentes áreas que a conforman e cuxa labor non se interrompeu, mantendo como eixo principal. tal e como vén sucedendo desde o inicio do primeiro mandato, a viabilidade do proxecto e, por extensión, a súa  perdurabilidade no tempo. Devandito proxecto ten o seu maior activo nos seus afeccionados, especialmente os abonados e/ou accionistas, que son os que dan sentido a toda a nosa actividade, e para ese efecto tomaranse as decisións que correspondan.

 Así mesmo, o club quere poñer en valor o máximo compromiso de todos os seus xogadores, técnicos, empregados e patrocinadores desde o primeiro minuto desta crise, e agradecer especialmente a todos os  obradoiristas que están en primeira liña de batalla contra a pandemia, desde as súas diferentes responsabilidades, para que canto antes podamos saír desta situación e, desta maneira, regresar á nosa vida normal, na que o  Miudiño volverá Soar coa forza e o sentimento de sempre no noso Multiusos Fontes  do Sar.

 Todos  Xuntos… OBRA!

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial