Obradoiro de máscaras de Entroido en Ames

0

Ames, 26 de febreiro do 2019 –  A Concellaría de Educación e Cultura de Ames organiza un obradoiro de máscaras de Entroido nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns para que os cativos e cativas poidan elaborar as súas propias caretas.

O prazo para inscribirse no obradoiro de máscaras estará aberto ata o 6 de marzo a través dos teléfonos 981 88 48 29 (Bertamiráns), 981 53 08 07 (Milladoiro) ou no enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Os obradoiros terán lugar o 11 e 12 de marzo.

Contacontos

Mañá mércores 27 en Bertamiráns e o xoves 28 no Milladoiro levarase a cabo a partir das 17.30h unha sesión de contacontos baixo o título A cantar e contar. Para participar nesta actividade, dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos, non é necesaria inscrición previa.

Contacontos en marzo

Pola súa banda, a primeira das sesións de contacontos do mes de marzo terá lugar o mércores 13 de marzo na biblioteca do Milladoiro baixo o título 1, 2, 3 sen mover as mans nin os pés, e ao día seguinte en Bertamiráns. O 27 de marzo os nenos que se acheguen á biblioteca de Bertamiráns poderán gozar do conto Non todo é o que parece, mentres que a narración no Milladoiro terá lugar o día 28. Ao igual que en febreiro, estas sesións tamén comezarán ás 17:30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial