Obradoiro de observación e fotografía microscópica

0

Compostela, 28 de setembro do 2018 – Alumni USC organiza a xornada ‘A vida baixo o microscopio. Obradoiro de observación e fotografía microscópica’, deseñada como unha introdución ao manexo do microscopio e ao emprego das tecnoloxías de tratamento das imaxes, que constitúen un recurso didáctico moi potente.

Este obradoiro de fotografía microscópica é unha actividade gratuíta de interese para persoas que se dedican á investigación ou á docencia, especialmente en secundaria, e tamén para aquelas que teñan gusto polo coñecemento da natureza e moi especialmente para o alumnado dos últimos cursos de grao e de máster.

O doutor en Bioloxía Antonio Guillén Oterino, actualmente profesor de secundaria en Logroño, impartirá o programa repartido entre os días 5 e 6 de outubro en horario de 10 a 14 e de 16 a 18 horas no Laboratorio de prácticas número 3 da Facultade de Bioloxía, Guillén Oterino conta con numerosos premios e recoñecementos nacionais e internacionais pola súa moi innovadora actividade docente. Xa ten colaborado con anterioridade con Alumni USC, recentemente cunha charla sobre a contaminación do lago de Sanabria.

As persoas interesadas deberán inscribirse entre as 9.00 horas do luns 1 de outubro e as 14.00 horas do xoves 4 de outubro 2018. Para acadar máis información, poder dirixirse á web de Alumni USC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial