O Monbus Obradoiro gaña con esforzo ó Divina Seguros Joventut (77-68)

0

Compostela, 9 de outubro do 2017 – Íñigo Caínzos – O Monbus Obradoiro xa conta con dúas vitorias na súa marcadora grazas ao esforzo posto na pista ante o Divina Seguros Joventut.

Os santiagueses dominaron o partido de punta a cabo, comezaron de forma sobresaliente e souberon manexar o colchón despois, sobrevivindo ás rabexadas dun Divina Seguros Joventut que non deu o seu brazo para torcer en ningún momento (77-68).

Imaxe de Tony Ruibal

 Os galegos saíron triunfais grazas a unha gran actuación coral, ben cimentada nos interiores, Artem Pustovyi e Nemanja Radovic e a un exterior que traballou arreo na pintura, Eimantas Bendzius. O pivote ucraíno foi o mellor do partido. Ao termo do primeiro cuarto xa levaba 16 de valoración e acabou en 27, con 17 puntos, sete rebotes e tres tapones. Cando Artem estivo máis apurado, a responsabilidade recaeu nos ombreiros de Radovic, imparable co seu xogo de pés, ben coa dereita e tamén coa esquerda, autor de 15 puntos e de nove rebotes para 21 de valoración. O terceiro en discordia, Bendzius, sacou partido do seu físico para facerse forte na pintura, con dez puntos e sete capturas nun expediente notable.

 No combinado catalán tamén se fixeron valer as súas torres, especialmente Jerome Jordan, vital para os intereses dos de Ocampo desde o segundo cuarto, cando todas as accións catalás pasaban polas súas mans. O jamaicano converteuse no vértice do triángulo ofensivo da Penya, anotando e abrindo ás esquinas, acelerando a rápida circulación de balón dos homes de verde. Ademais, dous mozos, Dimitrijevic e Xabi López-Arostegui pasaron con boa nota o exame en Sar, con gran acerto en ataque.

 O Monbus Obradoiro asinou un exercicio de supervivencia triunfal para apuntarse a segunda vitoria da tempada. Agora, os de Moncho Fernández poñen a mirada no horizonte, onde agarda o FC Barcelona Lassa no Palau Blaugrana o próximo doming, ás 19:00 horas.

FICHA TÉCNICA:

Monbus Obradoiro 77: Pozas (4), Thomas (9), Bendzius (10), Llovet (6), Pustovyi (17) , quinteto inicial , Sàbat (7), Simons (0), Radovic (15), Navarro (5), Pechacek (-), Corbacho (0) e Laksa (4).

Divina Seguros Joventut 68: Richard (1), Vidal (3), Kulvietis (2), Gielo (15), Jordan (16) , quinteto inicial , Dimitrijevic (9), Birgander (0), López-Arostegui (11), Nogués (-), Gudul (2) e Mavra (3).

Árbitros: Benjamín Jiménez, Juan de Deus Oyón e Alberto Sánchez Sixto.

Intervalos: 23-7, 19-29, 17-16 e 18-16.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies