O Obradoiro gaña na casa ao MoraBanc Andorra (93-96)

0

Compostela, 30 de abril do 2018 – O  Monbus Obradoiro visitou Andorra para disputar a xornada 30 da liga Endesa ante o  MoraBanc, conseguindo a  décimosegunda vitoria do curso nun partido moi igualado ata os compases finais (93-96).

O  Monbus Obradoiro, con  Sàbat, Thomas,  Llovet,  Pustovyi e  Simons en pista, saíu máis acertado que o Andorra, obtendo unha máxima diferenza de oito puntos (15-23) grazas a un  Matt Thomas  enchufado desde o primeiro momento. Pero David  Walker respondía a base de triplos e os galegos, despois de  encestar Thomas dous tiros libres, non volveron anotar nos últimos 3 minutos do cuarto, vendo como o contrario marcábase un parcial de 9-0 neses compases finais, finalizando o cuarto un punto por diante no marcador (26-25).

Os de Joan  Peñarroya saíron máis acertados que os galegos no segundo cuarto, dirixidos por Jaime Fernández e cun  Jelínek inspirado no tiro exterior, conseguindo unha vantaxe de 11 puntos que parecía romper o partido (56-45). Pero  Matt Thomas rebaixou a distancia a 8 puntos tras un triplo para irse ao descanso cun 56-48 reflectido no marcador.

Os composteláns volveron dos vestiarios concienciados de que era necesario apertar en defensa pero un triplo e dous mates do seu rival (63-53) obrigaron a Moncho Fernández a pedir un tempo morto que serviu para motivar aos seus xogadores, regresando á pista concentrados. Así, o  Monbus Obradoiro conseguía anotar canastras de moito mérito desde o tiro exterior, con  Simons, e desde o interior con  Radovic. Remou o conxunto galego ata empatar o partido a 72 tras un  triple de  Simons a falta de 02:33. Finalmente  Jelínek e  Diagne mantiveron ao seu equipo por diante ao termo do terceiro tempo (77-74).

Quedaba todo por decidir nun cuarto no que reinou a igualdade no marcador. Os de Moncho Fernández, co regreso de  Pustovyi a pista, fixéronse máis fortes e perigosos en ataque e defensa, aproveitando Thomas as vantaxes que se lle xeraban.  Llovet tivo que irse ao banco tras lesionarse no seu nocello esquerdo a falta de 07:37 pero seguiu loitando o  Monbus Obradoiro.

Anotaba Thomas sobre a bucina de final de posesión (82-84) para poñer ao seu equipo por diante a falta de menos de seis minutos para o final do encontro. E, nos seguintes minutos pouca anotación.  Radovic anotaba un tiro libre e unha canastra de dúas e, de novo  Sàbat un triplo cando estaba a piques de finalizar a posesión, para conseguir unha vantaxe de 5 puntos a falta de 02:41 (85-90). Pero o  Monbus Obradoiro sabía que non estaba nada feito e que había que continuar loitando ata o final. Tras un  palmeo convertido por  Pustovyi (87-92), Pozas fallaba dous tiros libres e, con 89-92, o árbitro sinaloulle falta en ataque, sendo a quinta do xogador, a falta de 27 segundos para o final. Jaime Fernández anotou unha bandexa superando aos defensores brancos (91-92). O conxunto  andorrano cometeu falta rápida sobre  Simons, que converteu os dous tiros libres e, no seguinte ataque,  Albicy perdeu o balón nun mal pase e, restando 4 segundos, o base fixo falta sobre Thomas que lle levou á liña de tiros libres para anotar ambos os (91-96). Na última posesión,  Blazic fallou o seu tiro desde máis aló da liña de 6,75 e, tras unha última falta de David Navarro que levou a  Walker ao tiro libre, o partido finalizou cun 93-96 no marcador a favor do  Monbus Obradoiro, alcanzando a décimo segunda vitoria do curso.

O equipo regresa a Santiago de Compostela para afrontar as xornadas 31 e 32 como local en Sar, recibindo primeiro ao  RETAbet Bilbao  Basket, o sábado 5, ás 19:00 horas, e ao Real Betis Enerxía Plus, o sábado 12, ás 19:00 horas.

Para o partido fronte aos  bilbaínos e sendo véspera do Día da Nai, o club ten en marcha unha promoción especial: cada abonado pode comprar unha entrada para regalarlla á súa nai, a 5€, en calquera zona do pavillón (ata esgotar localidades dispoñibles para a venda) e gozar xuntos deste partido. Os abonados interesados poden beneficiarse da promoción comprando esta entrada a 5€ a través da páxina web do club co seu usuario e contrasinal.

Ficha técnica

MoraBanc Andorra 93:  Albicy (11),  Blazic (13),  Walker (18),  Sanè (5),  Diagne (4) -inicial-, Fernández (16),  Iverson (4),  Jankovic (6),  Stevic (1),  Shurna (2),  Jelínek (13).

Monbus Obradoiro 96:  Sàbat (6), Thomas (30),  Simons (16),  Llovet (11),  Pustovyi (14) -inicial-.  Radovic (13),  Spires (4), Navarro (0), Corbacho (0), Pozas (2).

Parciais: 26-25, 30-23, 21-26 e 16-22.

Árbitros: Pérez Pizarro, Araña e Mais. Eliminados:  Albicy,  Sàbat e Pozas.

Incidencias: Partido correspondente á trixésima xornada da liga Endesa que se disputou no  Poliesportiu d’Andorra ante 4.180 espectadores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies