O Obradoiro inaugura a nova pista multideporte de Ordes

0

Ordes, 16 de maio do 2018 – O persoal ao completo do  Monbus Obradoiro visitou Ordes para inaugurar a nova pista de  multideporte instalada no Campo dá  Feira.

Grazas á invitación dos propietarios da carpintería Ramón García, membro do Club de Empresas Obradoiro, os xogadores e corpo técnico do club estrearon a pista multideporte acompañados de cativos. No acto estiveron presentes o alcalde, José Luis Martínez, e a  Concelleira de Deportes, Ana María Soneira, quen fixo entrega ao club dunha placa conmemorativa que recolleron o adestrador, Moncho Fernández, e o capitán do equipo, Pepe Pozas.

O alcalde de Ordes explicou que “que mellor que facer esta inauguración acompañados co persoal do  Monbus Obradoiro. Moitas grazas por achegarvos ao noso concello, por ser unha gran familia que fai grande o baloncesto en Galicia. Grazas  tamén á carpintería Ramón García pola colaboración e axuda para que hoxe poida estar aquí un equipo tan importante como o  Monbus Obradoiro”.

Nesta nova instalación, os nenos e nenas puideron compartir cancha con eles, retándolles a un 1×1 ou unha breve competición de tiro entre os aplausos do público. Os máis afortunados recibiron como regalo un balón do  Monbus Obradoiro asinado por todo o persoal. Para finalizar a visita, o equipo fíxose unha foto de familia con todos os asistentes e asinaron pósteres, camisetas, bufandas e todos aqueles artigos  obradoiristas que lles levaron os seguidores e seguidoras de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies