O Obradoiro fixo un gran partido pero non chegou ante o Kirolbet Baskonia

0

Compostela, 26 de novembro do 2018 – Íñigo  Caínzos – O  Monbus Obradoiro caeu contra o  Kirolbet  Baskonia nun partido vibrante, disputado de forma soberbia polos de Moncho Fernández, que combateron de ti a ti fronte ao subcampión de Liga.

Un partido vibrante

ACB Photo_T. Ruibal

Monbus Obradoiro e  Kirolbet  Baskonia asinaron un partido apaixonante no Fontes do Sar, moi disputado, con alternativas, pequenas escapadas e batallas encarnizadas. Saltaron faíscas en todas as frontes, mentres que  obradoiristas e baskonistas alternaban dianteiras no marcador (once vantaxes para cada un). Ademais, ata noutras once ocasiones estiveron empatados. As escapadas de cada un dos equipos foron neutralizadas de forma inmediata polo seu rival.

Duelo colosal na pintura

ACB Photo_T. Ruibal

As batallas máis atractivas libráronse, durante moitos minutos, na pintura. No bando local,  Hlinason axigantouse, especialmente na primeira parte, con 12 puntos, contundente preto do aro. Despois de varios partidos nos que o  Monbus Obradoiro fora superado polo seu rival no rebote, pelexouno e traballou duramente, sendo capaz de darlle a volta á situación e superou aos de  Perasovic, con 32 rebotes (23 ofensivos e 9 defensivos) fronte aos 27 do  Baskonia (22 ofensivos e 5 defensivos).

O  Monbus Obradoiro axigántase en defensa

Os homes de Moncho Fernández renderon durante  practicamente todo o partido a un nivel extraordinario en defensa. As axudas chegaron a tempo, os cambios defensivos desconcertaron aos atacantes  baskonistas, e as mans na retagarda pecharon moitas vías de anotación á escuadra vasca. O  Monbus Obradoiro secou durante tres cuartos aos tiradores  baskonistas, con dous acertos desde máis aló do 6,75 no primeiros trinta minutos.

As perdas lastran ao  Monbus Obradoiro

Uno dos poucos ‘peros’ que tivo o partido do  Monbus Obradoiro foron as perdas de balón, cun total do 18. Os xogadores de  Perasovic souberon aproveitar as recuperacións, con 18 puntos, algúns deles en canastras fáciles e sen oposición. Cada vez que o  Monbus Obradoiro escapábase no marcador (7 arriba no terceiro cuarto, seis arriba no último),  Baskonia respondeu elevando a intensidade defensiva e provocando erros na circulación do balón por parte dos galegos. O  Kirolbet  Baskonia agarrouse ao partido a partir das perdas locais e remontou a contenda no tramo final.

Marcelinho sufoca a rebelión  obradoirista

ACB Photo_T. Ruibal

O  xogador máis importante do partido para o  Baskonia foi  Marcelinho Hortas. O base brasileiro puxo calma no medio da angustia vasca, e dominou o tempo do encontro de forma espléndida. Hortas foi capaz de reactivar no terceiro cuarto as conexións con  Poirier e  Shengelia, desatascou aos seus no  triple no tramo final e acertou coas súas penetracións e bombas marca da casa. Ao  Baskonia cambioulle a cara con  Marcelinho en cancha, con doce puntos no último cuarto para un total de 24 e 20 de valoración.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial