O Monbus Obradoiro recadará fondos a favor de Malayaka House

0

Compostela, 5 de xaneiro do 2018 –  O Monbus Obradoiro e a Fundación Heracles continúa no seu afán de visibilizar e colaborar en causas solidarias e, nesta ocasión, uniuse a Malayaka House, unha organización humanitaria que traballa para garantir os dereitos dos nenos ugandeses.

No próximo partido que disputará o equipo como local, o sábado 13 de xaneiro, ás 19:00 horas, recadaranse fondos a favor de Malayaka a través dunha promoción en entradas: pola compra de dúas entradas en calquera zona do pavillón realizarase un 25% de desconto en cada unha delas (ata esgotar as localidades destinadas á venda).

As entradas poderanse comprar a través da páxina web do club ou nas oficinas (de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas). Para obter o desconto nas compras a través da páxina web, os interesados deberán introducir o código promocional MALAYAKA2018 J161718 no momento no que seleccionan os asentos das dúas entradas.

O Monbus Obradoiro doará a Malayaka House un importe igual ao desconto efectuado. Ademais, o club puxo en marcha unha Fila Cero a través da que todos os afeccionados interesados poderán ingresar calquera cantidade de diñeiro e colaborar co traballo que realiza esta entidade: proporcionar aos nenos ugandeses máis vulnerables un fogar seguro onde poder iniciar unha nova vida, coa atención médica necesaria, educación e programas de formación profesional.

Estas doazóns realizaranse na conta bancaria ES23 2080 0375 1930 4001 8467 co concepto “ MALAYAKA2018 J161718”.

As entradas para este partido están á venda a un prezo xeral de 25€ en Fondos, 35€ en Tribunas 2, 45€ en Tribunas 1 e 49€ en Retráctil. O prezo para as entradas en tarifa Xuvenil (de 13 a 17 anos) será de 19€ en Fondos, 25€ en Tribuna 2, 35€ en Tribuna 1 e 39€ en Retráctil. E, por último, o prezo das entradas na tarifa Infantil (de 5 a 12 anos) será de 15€ en Fondos, 19€ en Tribuna 2, 29€ en Tribuna 1 e 35€ en Retráctil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial