O Obradoiro comeza o ano perdendo ante o Unicaja

0

Compostela, 8 de xaneiro do 2018 – O Monbus Obradoiro comeza o ano perdendo en ante o Unicaja por 96 a 76 no pavillón Martín Carpena de Málaga.

Os de Moncho Fernández comezaron o partido con Pozas, Thomas, Bendzius, Simons e Pustovyi como quinteto inicial, buscando a maneira de desarmar ao Unicaja  nun cuarto marcado pola igualdade no marcador pero no que o Unicaja superaba con facilidade a defensa compostelá. Waczynski anotaba un triplo e dúas canastras que colocaba ao seu equipo dez puntos por encima, pero o Monbus Obradoiro, da man de Thomas e Pustovyi, loitou por cambiar o marcador e o cuarto terminou cun 26-18 reflectido no marcador.

O mate de Spires nos segundos iniciais do seguinte cuarto reflectía as ganas de pelexar pola vitoria do conxunto obradoirista, que non puido contar con Radovic e Sàbat por lesión neste partido. Un parcial de 14-4 por parte dos locais fixo dubidar ao Obra pero Thomas e o primeiro triplo dos sete que anotaría finalmente Corbacho mantiveron ao equipo no partido, chegando ao descanso doce puntos por baixo (50-38), a pesar da diferenza de faltas e número de veces que foron á liña de tiros libres os galegos.

A pesar do parón, o conxunto compostelán non atopaba o acerto e tampouco sentía cómodo en defensa, algo que foi aproveitado polo Unicaja para incrementar a distancia no electrónico. Shermadini castigaba incansablemente ao equipo galego dentro da zona, chegando a poñer ao seu equipo vinte puntos por encima a falta de segundos para terminar o terceiro tempo. O cuarto finalizaría cun 70-48 para os malagueños.

O Monbus Obradoiro quixo demostrar que non ía deixarse ir o que quedaba de partido e seguiu pelexando para recortar distancias e buscar opcións que prexudicasen ao seu rival. Foi Alberto Corbacho o que deu un paso adiante e anotou 6 triplos que impedían que a vantaxe dos verdes aumentase, xa que saíron tamén inspirados neste cuarto desde a liña de 6,75 con Dani Díez. Finalmente o Unicaja conseguiu manter a vantaxe que permitiu que a vitoria quedase en Málaga (96-76).

O equipo volve a Santiago de Compostela para seguir traballando duramente de fronte ao partido da próxima xornada, onde recibirán en Sar, no Partido Solidario Malayaka House, ao Delteco GBC (sábado 13, ás 19:00 horas), que está incluído de agasallo en todos os abonos realizados na Campaña de Abonos “ Podémola Liar” de segunda volta. Os interesados poderán realizar este abono nas oficinas (de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas) ou a través da web do club.

FICHA TÉCNICA

Unicaja 96: McCallum (7), Nedovic (6), Waczynski (14), Brooks (12), Augustine (5), cinco inicial-, Okouo (0), Díaz (2), Salin (9), Díez (11), Milosavljevic (4) Shermadini (16) e Suárez (10).
Monbus Obradoiro 76: Simons (3), Pustovyi (12), Thomas (10), Bendzius (11), Pozas (0) -cinco inicial- Sàbat (0), Llovet (2), Radovic (0), Spires (6), Navarro (6) Corbacho (21) e Laksa (5). Parciais: 26-18, 24-20, 20-10 e 26-28. Árbitros: García González, Castelo e Sancristán.

Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada de Liga Endesa disputado no Palacio dos Deportes José María Martín Carpena de Málaga ante 6260 espectadores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies