Obradoiro e concello de Silleda poñen en marcha a escola de baloncesto

0

Silleda, 8 de marzo do 2018 – Tal e como se anticipara hai unhas semanas, o concello de Silleda e o Monbús Obradoiro, por medio da Fundación Herácles, poñen en marcha unha escola de baloncesto que comezará a funcionar en abril.

Para promocionar a escola de baloncesto os pivots Jordan Bacynski , do Obradoiro CAB, e Alberto Díaz, do Obradoiro Silleda, xunto co adestrador do equipo Junior, Denís Pombal, e a concelleira de deportes, Ana Luisa González, visitaron os colexios do municipio. Nas sesións informouse da posta en marcha da Escola o vindeiro mes de abril e promocionouse o baloncesto e os seus valores. Os nenos e nenas tamén tiveron a oportunidade de realizar preguntas aos dous xogadores, “Vimos moito interese e ilusión polo inicio da Escola que poñemos en marcha en vista tamén da demanda de moitos pais e nais do municipio”, di a concelleira. “Este era un dos obxectivos que nos marcamos cando asinamos o contrato coa fundación para a posta en marcha do Obradoiro Silleda, o conxunto de liga EBA que ten a súa sede no noso municipio”, indica González Costa, que agradeceu aos dous pívots e ao adestrador que se achegaran a Silleda.

As inscricións poderán realizarse dende o vindeiro luns día 12 e ata finais deste mes no Rexistro do Concello ( de 9:00  a 14:00 horas) e na Casa da Xuventude (de martes a sábado de 16:00 a 20:00 horas). A iniciativa está aberta a nenos e nenas a partir dos 6 anos. Dende a Concellería de Deportes, Ana Luisa González, inicide na importancia de realizar as inscricións para poder establecer as categorías en función das idades dos inscritos. As clases terán lugar os sábados pola mañá.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial