Ao Monbus Obradoiro sobráronlle minutos e acabou caendo ante o Joventut

1

Compostela, 12 de novembro do 2018 – Iñigo Cainzos – Lindeiros – O  Monbus Obradoiro visitou a cancha do Divina Seguros  Joventut querendo conseguir a cuarta vitoria da tempada pero escapóuselle nos minutos finais (83-79).

ACB-Photo_D-Grau

Vantaxe  obradoirista

O  Monbus Obradoiro afrontaba este partido coa coñecida baixa de Ben  Simons e a de última hora de  Maxime de  Zeeuw, con molestias no seu xeonllo. Os  badaloneses saíron coa quinta marcha marcándose un parcial de 6-0 que responderon os galegos con triplos de Pozas e  Brodziansky, e as canastras na pintura de  Llovet.

Os galegos apertaron en defensa e aumentaron o seu acerto en ataque para conseguir un parcial de 0-9 (21-31,  min. 14), que  descolocaba aos  verdinegros. Aumentou a distancia o  Monbus Obradoiro e foi  Laprovittola quen conseguiu freala para irse ao descanso 36-43.

ACB-Photo_D-Grau

Igualando o marcador tras o paso por vestiarios

Os de Carles Durán non querían deixar escapar o partido e saíron de vestiario moi intensos en ataque, conseguindo anotar un parcial de 7-0 con puntos de Ventura, Todorovic e  Laprovittola en pouco máis dun minuto que empataba o electrónico a 43-43.

Golpe a Pepe Pozas

Pero o  Monbus Obradoiro, con  Nick  Spires e dous triplos de Pepe Pozas, volvían aumentar a distancia no marcador. O base malagueño estaba a realizar os seus mellores minutos no terceiro cuarto (12 puntos e 7 asistencias en 15 minutos de xogo) e o equipo sentía moi cómodo en ataque cando recibiu un golpe de  Harangody no seu ollo esquerdo e tivo que abandonar o encontro sen apenas visión.

Escapada final dos  badaloneses

Aumentou a intensidade defensiva o Divina Seguros  Joventut e os de Moncho Fernández non tiveron acerto no minuto final do encontro. Laprovittola e Dawson puxeron de novo ao seu equipo por diante no marcador a falta de 2 minutos para o final (73-71) e Ventura poñía o pavillón en pé cun triplo a falta de 1:05 (78-73).

Non se rendeu o  Monbus Obradoiro e sumou tres puntos desde a liña de tiros libres Kostas  Vasileiadis (80-78), que foi respondido de novo por  Todorovic (82-78).  Llovet achegaba ao seu equipo a tres puntos a falta de 9 segundos cun tiro libre pero unha falta final sobre  Laprovittola fixo que o choque finalizase 83-79 e a vitoria quedase en Badalona.

ACB-Photo_D-Grau

A batalla dos rebotes ofensivos

O Divina Seguros  Joventut gañou na batalla do rebote, capturando 37 fronte aos 25 do  Monbus Obradoiro. Marcaron a diferenza os 17 rebotes ofensivos dos verdinegros.

O  Monbus  Oradoiro afrontará o segundo desafío consecutivo lonxe de Santiago o vindeiro domingo, ante o  UCAM Murcia, ás 12:30 horas. O equipo volverá a Sar para xogar ante a súa afección o domingo 25, ás 17:00 horas, recibindo ao Kirolbet  Baskonia.

Share.

1 comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial