Piden que se fixe un prezo definitivo para as expropiacións dos terreos afectados polas obras da Alameda de A Estrada

0

A Estrada, 29 de Nadal do 2017 – O BNG de A Estrada insta ao goberno municipal a que fixe o prezo definitivo das expropiacións antes de iniciar as obras na Alameda.

O concello da Estrada está a  tomar posesión dos terreos expropiados aos propietarios dos terreos onde o goberno municipal planea construír a ampliación da Alameda, con cargo aos fondos europeos da EDUSI. Os servizos municipais valoraron estes terreos en 1.794.635,39 euros.

O BNG explica que os afectados mostraron a súa desconformidade con esta cifra polo que é probable que o conflito remate nun xuízo.Para os nacionalistas o resultado de ese proceso é incerto polo que, se os tribunais consideran que a valoración dos terreos e máis elevada que a estimación actual, iso pode ter graves consecuencias para as arcas do concello.

Ante esta situación de incerteza desde o BNG da Estrada consideran que “é un grave erro acometer nestes intres a ampliación da Alameda, como xa dixemos en varias ocasións, non é prioritaria para o desenvolvemento económico e social do concello da Estrada, onde a día de hoxe hai necesidades máis acuciantes para os veciños e veciñas, que ao goberno municipal do PP parece non interesar”.

O proxecto de ampliación presentado polo goberno de A Estrada ten un custo de  1.500.000 euros e ás expropiacións dos terreos destínanse outro 1.794.635,39 euros. O total,  3.294.635,39 euros , supón para o BNG “un verdadeiro disparate tendo en conta que os veciños e veciñas da vila sofren a diario cortes de auga polos problemas que arrastra a traída e no rural non hai saneamento na maior parte das parroquias”. Por ese motivo os nacionalistas consideran que “non se debera acometer esta obra, e menos aínda, empezar ningún traballo sen antes chegar a unha valoración definitiva cos propietarios dos terreos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies