En marcha as obras do aparcadoiro da Fervenza do Toxa

0

Silleda, 13 de xullo do 2018 – O Concello de Silleda iniciou en días pasados os traballos para a creación  da zona de aparcamento na parroquia de Pazos, unha iniciativa que culminará o proxecto de mellora de accesibilidade e sinalización da Fervenza do Toxa.

O estacionamento da Fervenza do Toxa estase a habilitar nun terreo alugado polo Concello de ao  Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). Os predios suman unha superficie de 18.000 metros cadrados, nos que se crearán un total de 80 prazas de estacionamento para turismos e outras tres para autobuses, con posibilidade de amplialas nun futuro.

Os terreos acondicionaranse con adoquíns vexetais.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, que o mes pasado presentou a actuación aos veciños e veciñas de Pazos, visitou hoxe a zona de traballo. “Con este aparcamento concluiremos o proxecto de mellora da sinalización e accesos á Fervenza do Toxa, un espazo que precisaba de iniciativas coma esta para continuar poñendo en valor e protexendo tamén os nosos recursos”, explica o rexedor. Cuiña lembra que o primeiro paso foi retirar o tráfico da baixada á Fervenza, ademais da colocación de diversas sinais informativas.

Habilitación de sendeiro

Dende o aparcamento habilitarase tamén un camiño, xa existente, que levará de forma directa aos usuarios ata o miradoiro da fervenza.  Tamén se colocarán as sinais pertinentes para que o camiño actual de acceso ao miradoiro sexa unicamente de uso veciñal. Con esta medida evitase tamén o aparcamento en fincas privadas no entorno do miradoiro, algo que viña acontecendo ata o de agora. “Os milleiros de visitantes da Fervenza de Pazos terán con este parquin un novo servizo que estará listo xa nas vindeiras semanas”, indica o alcalde.

Segundo recolle o contrato de arrendamento, o Concello de Silleda abonará  a cantidade de 2.000 euros anuais, revalorizables en 100 euros por ano, ao Adif polo aluguer do parking.

No verán de 2016 iniciáronse os traballos de mellora de sinalización e peonalización deste enclave natural, situado en plena Rede Natura 2000. Colocáronse cartaces indicadores en varias estradas nacionais e autonómicas, colocáronse barreiras de madeira para impedir o acceso con vehículos ata a Fervenza e creouse tamén un roteiro entre este para e o mosteiro de Carboeiro polas parroquias de Ansemil-Martixe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial