Rematan as obras no CPI San Vicente da Baña

1

A Baña, 26 de maio do 2017 –  Técnicos da Deputación da Coruña acaban de recepcionar a obra de mellora da eficiencia enerxética e habitabilidade no CPI San Vicente da Baña.

A actuación cun orzamento de 83.976 euros consistiu en rehabilitar un patio interior aberto ubicado nunha ala do centro educativo para reconvertelo nun espazo multiuso pechado. A actuación, según manifesta o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, foi solicitada polo propio centro educativo e acometida ao abeiro dunha subvención nominativa da Deputación da Coruña. “O Concello aportou o 20% do total do orzamento e o 80% restante, o ente provincial”, subliña o rexedor, sinalando que “rematada esta obra, o centro educativo dispón agora dun espazo cuberto multiuso”.

Según explica a directora do CPI San Vicente da Baña, Ángeles Taboada, “era un patio interior infrautilizado e non estaba en condicións de uso. A súa rehabilitación  permitiu tratar globalmente toda a área e dotar a este centro dun espazo multifunción de gran confort”. Así, e según manifesta a directora do colexio, este novo espazo poderá ser usado como salón de actos, para as horas de lecer dos alumnos cando chova, para albergar actividades de Educación Física e mesmo como prolongación do propio ximnasio do centro educativo, xa que ambos espazos están comunicados. “Antes usábamos este patio para actividades deportivas, aínda que non estaba en condicións, e ao estar aberto entraba a choiva e o vento. E aínda que temos un salón de actos, este é moi pequeno. Ten capacidade para 100 persoas. Coa rehabilitación do patio interior xa temos tamén cuberta esta deficiencia xa que caberemos todos”.

Esta non foi a única mellora acometida no cpi San Vicente da Baña ao longo destes meses. Grazas a outra subvención da Deputación da Coruña renovouse o firme do patio escolar de Primaria, pintouse unha zona de xogo e deportiva, á par que un circuito de seguridade vial e unha pequena zona de estacionamento para as bicicletas dos nenos de Infantil. Estas actuacións, enmarcadas nunha axuda do Plan de Acción Social (PAS) para a mellora en instalacións deportivas municipais e educativas da Baña, contaron cun orzamento de preto de 30.000 euros.

Outra das reivindicacións do centro educativo, o acondicionamento e homologación dos sanitarios no pavillón de Infantil que acometerá a propia Consellería de Educación, realizarase unha vez rematado o curso. “Trátase dunha actuación moi necesaria para adaptar os sanitarios á idade dos nenos”, subliña o alcalde, quen sinala que “trasladouse a petición á Xefatura Territorial de Educación e temos o compromiso de que as obras realizaranse este verán unha vez rematas as clases”, indica Andrés García Cardeso.

Pola súa banda, Ánxeles Tabaoda, explica que esta actuación ten por obxecto “a homologación dos sanitarios para os nenos de 3 anos”.

Finalmente, e según indica o alcalde, a través dunha axuda da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, de 40.000 euros, procederase tamén a mellorar e acondicionar as instalacións do pavillón polideportivo municipal de San Vicente anexo ao centro educativo. “As obras están adxudicadas e iniciaranse ao longo deste verán”, afirma Andrés García Cardeso. Consistirán na sustitución dos ventanais e no pintado interior e exterior do edificio, sobre todo das zonas de humidades.

.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial