As obras da variante de Cacheiras poderían comezar no primeiro trimestre do 2019

0

Teo, 18 de outubro do 2018 – A Deputación da Coruña ven de comezar o proceso de licitación da variante de Cacheiras, en Teo, cun investimento previsto de máis de 400.000 euros.

O presidente da Deputación, Valentín González, móstralle o proxecto ao alcalde de Teo, Rafa Sixto

Zona da Igrexa que será circunvalada

A variante de Cacheiras ampliará e mellorará a estrada provincial DP 8202, que conecta os núcleos de Galanas e Cacheiras. A execución dos traballos teñen un custo previsto de 325.595 euros e outros 138.543,94 € destináronse ás expropiacións necesarias.

Segundo explicou o presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, a licitación destas obras supón “a activación dun proxecto moi demandado e esperado polos veciños da zona, ampliando o ancho da estrada de 5 a 9 metros, dotándoa de beiravías para mellorar a seguridade peonil e construíndo unha nova variante que evitará o paso continuo de vehículos pola travesía do Lugar da Igrexa”.

Neste tramo a estrada actual é moi estreita e conta cun trazado de curvas perigoso, que pasa moi preto das vivendas, da Igrexa e da escola infantil, polo que non é posible ampliar o ancho do vial. Este foi o motivo polo que o departamento de Vías e Obras da Deputación optou pola construción dunha variante que suporá unha importante mellora de seguridade para os veciños da zona. Ademais da ampliación da estrada, as obras incluirán a pavimentación, dotación de sistema de drenaxe e recollida de pluviais cun cunetas revestidas de formigón, a colocación de biondas de seguridade nas zonas de terraplén e o reforzo da sinalización horizontal e vertical.

As empresas interesadas en participar na licitación poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 12 de novembro. Prevese que, unha vez adxudicadas, as obras podan comezar durante o primeiro trimestre de 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial