Comezan as obras da estrada A Espenica – Sar en Ordes

0

Ordes, 23 de novembro do 2017 – O Concello de Ordes está a realizar nestes últimos días as obras de mellora do pavimento da estrada A Espenica – Sar. O investimento total, IVE incluído, ascende a 152.000 €, que serán sufragados co remanente do pasado exercicio.

obras espenicaConcretamente estase traballando sobre a capa de rodaxe nun treito de preto de 2,2 quilómetros de lonxitude e 295 metros cadrados de sobreancho. Estase a aplicar aglomerado quente, tras a  reparación de fochancas e o perfilado de mordentes con grava e asfalto.

O proxecto da Espenica tamén inclúe a pavimentación dun tramo de 100 m de lonxitude e 3,50 m de ancho con grixo e doce de formigón, así como outros 300 m de cuneta de seguridade revestida con formigón. Neste último canalizarase un entubado de pvc e colocaranse arquetas con sumidoiro para a recollida de augas pluviais. Finalmente contémplase a limpeza de gabias e salvagabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal, así como o pintado e a sinalización tras a adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Si as condicións meteorolóxicas o permiten a obra estará rematada antes de finalizar o ano.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies