Comezan as obras de saneamento de Servia, Lousame

0

Lousame, 18 de outubro do 2018 – O pasado luns comezaron as obras de saneamento do lugar de Servia e que forman parte dun proxecto máis amplo no que se inclúen as localidades de Filgueira e Seixido.

As obras de saneamento de estes lugares, nas parroquias de Vilacoba e San Xoán de Lousame, son froit dun convenio asinado en xullo de 2016 por Augas de Galicia e o Concello de Lousame. A alcaldesa, Teresa Villaverde, explica que “esta semana iniciamos as obras do saneamento en Vilacoba, despois de conseguir o permiso de Augas de Galicia e que executa unha empresa da zona. No caso do Seixido, estamos pendentes dunha autorización da Deputación porque hai un quilómetro que transcorre pola estrada provincial e que agardo que estea listo para poder empezar o antes posible”.

As obras dotarán de novos colectores de augas residuais e pluviais, co obxecto de conseguir que a maior parte das vivendas poidan verter as súas augas fecais a unha rede de saneamento separativo para o seu posterior tratamento. Para iso contémplase a construción dunha estación depuradora de augas residuais nunha parcela próxima ao río Vilacoba, dimensionada para o total da poboación de Servia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial