Reclaman que se rematen obras urxentes na parroquia de Orazo na Estrada

0

A Estrada, 23 de agosto do 2018 – O Bloque Nacionalista Galego de A Estrada reclama que se rematen dunha vez dúas obras urxentes no lugar de Vilanova, na parroquia de Orazo.

O BNG explica que non son problemas que apareceran recentemente xa que os veciños reclaman estes arranxos des de hai meses e nalgún claso incluso anos. Son obras urxentes ca representan perigo e polo tanto prexuízo grave para os que conviven con elas.

Por un lado unha vía que dá acceso a algunhas vivendas e a parcelas e salidos desas vivendas. A beiravía desta pista veciñal é un terraplén con un desnivel considerable, que limita co salido dunha desas vivendas. Un tramo do firme desa vía está en perigo de derrube, coa calzada fendida a punto de desprenderse cando volva o inverno e co muro de contención moi deteriorado polos temporais.

O segundo perigo que lles preocupa a veciñanza é unha árbore situada no cume dun talude vertical duns catro metros de altura na outra marxe desa mesma vía. Trátase dun piñeiro de dimensións considerables que ameaza con virse abaixo podendo provocar un accidente de graves consecuencias.

O BNG explica que estes problemas son coñecidos polo departamento de Medio Rural do concello e instan ao equipo de goberno a resolvelos de inmediato.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial