O Observatorio Astronómico da USC inicia o proxecto de divulgación ‘O camiño das estrelas. As estrelas do camiño’

0

Compostela, 13 de xullo do 2019 –  O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC desenvolverá ata o vindeiro mes de outubro un amplo conxunto de actividades de divulgación astronómica en distintos concellos polos que transcorre a Ruta Xacobea dentro do proxecto ‘O camiño das estrelas. As estrelas do camiño’.

O propósito do Camiño das estrelas é poñer en valor o significado da Vía Láctea e a súa relación co feito Xacobeo, explicando en que condicións marca o camiño cara a Compostela. Ademais, o proxecto adentrará aos participantes  no mundo da astronomía mediante charlas e observacións astronómicas nocturnas tanto a simple vista como con telescopios. Este é unha actividade que forma parte do programa ‘O teu Xacobeo’ financiando pola Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

O programa de actividades comezará o vindeiro martes 16 no Pico Sacro, onde ás 22.00 horas o concello de Boqueixón convoca unha sesión de observación da eclipse parcial de Lúa, que se iniciará coincidindo coa saída do satélite polo leste-surleste. Como explica o director do Observatorio Astronómico, José Ángel Docobo, as 23.30 terá lugar o máximo da eclipse, momento no cal a Terra tapará mais da metade do disco lunar. O fenómeno vaise prolongar ata a 1.00 horas do día 17. Paralelamente ao seguimento da eclipse, poderanse observar a través do telescopio o planeta Xúpiter e unha estrela dobre entre outros obxectos.

As actividades deste programa de divulgación estenderanse ata finais de outubro, e de momento xa están inscritos os concellos de Allariz, Barbadás, Boqueixón, O Grove, Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Noia, Ordes, Padrón, Portomarín, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, e Vedra, algún deles con varias sesións. Ao logo do verán e outono, o profesor Docobo estima que se producirán novas incorporacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial