Onte produciuse o pasamento de Antonio Pereiro Liñares, alcalde de Tordoia

0

Tordoia. 5 de febreiro do 2019 –  O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, faleceu na madrugada de onte aos 68 anos como consecuencia dunha leucemia contra a que levaba loitando seis anos.

A enfermidade non lle impediu a Antonio Pereiro exercer o seu labor á fronte do concello ata que hai uns días ingresou de novo no Hospital Clínico ao agravarse o seu estado.

Antonio Pereiro Liñares

A súa esposa,  Gabina Liñares, e os seus dous fillos, trasladaron o agradecemento da familia a todo o equipo de Hematoloxía e Oncoloxía do CHUS polos esforzos realizados e o trato recibido. Os restos mortais están a ser velados no tanatorio de San Xulián de  Pontepedra, onde hoxe celebrarase o funeral, na igrexa parroquial, a partir das 17.00 horas.

Antonio Pereiro Liñares naceu en Tordoia en 1950 e durante toda a súa vida profesional estivo ligado ao concello. Con 18 anos, en agosto de 1958, gañou por oposición unha praza auxiliar administrativo e en 1982 ascendeu ao corpo administración xeral do consistorio. En 1995 daría o salto á política, encabezando unha lista independente que conseguiu cinco concelleiros, estando a piques de arrebatar a alcaldía a outro dos alcaldes históricos do municipio,  Andrés García Lamas.

Nas eleccións de 1999, como candidato do Partido Popular, obtivo 10 concelleiros, unha ampla maioría absoluta que lle converte en alcalde de Tordoia, cargo que revalidaría durante o seguintes catro citas electorais. Recentemente Antonio Pereiro era confirmado de novo como candidato do PP para as eleccións municipais de maio.

Un dos seus últimos logros como alcalde foi a aprobación definitiva do primeiro Plan  Xeral de Ordenación Municipal, ratificado pola Xunta o pasado mes de decembro.

Desde que se coñeceu a noticia do seu falecemento, a familia recibiu numerosas mostras de afecto, tanto de representantes do Partido Popular, alcaldes de diferentes partidos, como de veciños do municipio. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o do Partido Popular na Coruña, Diego Calvo, foron algunhas das persoas que mostraron as súas condolencias, tanto persoalmente á familia, como a través das redes sociais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial