A oposición abandona o Pleno de orzamentos de Padrón

0

Padrón, 11 de agosto do 2018 – A oposición de Padrón en conxunto, PSdeG, Veciños de Padrón, Alternativa por Padrón, BNG e Converxencia Independente de Padrón, abandona o pleno de orzamentos e emite un comunicado criticando o retraso na presentación das contas.

O pleno de orzamentos fora convocado de xeito extraordinario polo bipartito formado polo Partido Popular e Partido Galeguista que acabaron aprobando as contas en solitario. A oposición leu un comunicado consensuado entre tódolos partidos que a forman e na que mostraban o seu descordo co retraso na presentación do documento.

A oposición considera que o goberno de Padrón “de ser serio xa estaría a traballar no orzamento do 2019 ano co obxectivo de presentalo no prazo legal establecido que supón unha aprobación inicial en outubro e outra definitiva en decembro e non facéndolle perder o tempo aos concelleiros e concelleiras da oposición e a toda a cidadanía”.

Para os partidos firmantes do escrito o presuposto presentado por PP e PGD “e un copia e pega do aprobado no 2017, e só ten por obxectivo dar cobertura ao clientelismo político posto en marcha polo goberno do PP e acentuado coa chegada do PGD ao goberno”. Critican así mesmo “unha política baseada no fraccionamiento do obxecto dos contratos así como na continuidade de diferentes contratos prorrogados e non licitados, o que supón unha clara vulneración da lexislación relativa aos contratos da Administración Pública.

Tras a lectura deste comunicado, no que tamén acusaron ao goberno de deixar no caixón “todas e cada unha das propostas” presentadas polos diferentes partidos ao longo destes tres anos, e de “incumprir a súa palabra de dialogar e negociar os presupostos co resto de partidos”; a oposición ao completo abandonou o salón de pleno, deixando ao goberno  en solitario ante unha situación que non dubidan en afirmar “está levando a Padrón á máis absoluta ruína”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial