Queixas da oposición de Ames por non consensuar o POS da Deputación

0

Ames, 14 de decembro do 2017 – Pacto x Ames, Partido Popular e o non adscrito Javier López únense de novo na crítica ao goberno municipal. En este caso por convocar o pleno de aprobación do POS da Deputación tan só unhas horas antes de que remate o prazo.

O goberno municipal ven de convocar un pleno extraordinario para o próximo día 19 co fin de aprobar un POS que supón 1.614.655 € de investimento. Os asinantes do comunicado acusan ao alcalde de ignorar a oposición e de aplicar una política de “feitos consumados” e negarse a consensuar os proxectos que se presenten.

Javier López, PxA e PP explican que ata o de agora tódolos gobernos municipais abrían unha rolda de contactos co fin de consensuar os proxectos que se presentaban, non facelo supón un acto de “autoritarismo e sectarismo” din.

No comunicado explican tamén que “tal é o nivel de improvisación, que na Xunta de Voceiros celebrada o martes, tamén convocada por vía de urxencia con menos de 24 horas e que provocou que algún voceiro non puidera asistir por motivos laborais, había proxectos que estaban sen completar e proxectos cuxa redacción estaba equivocada e que terán que cambiar para que poidan adaptarse ao esixido nas bases publicadas no BOP da provincia de A Coruña do 3 de outubro pasado”. Inciden en que a premura da convocatoria fai que 4 concelleiros non poidan asistir e que se corre o risco de que si hai algún problema de última hora poderíase perder o investimento.

Para Javier López, PxA e PP “o tripartito tivo tempo máis que suficiente para informar e intentar consensuar coa oposición o POS+ 2018 tal e como viña sendo habitual, ata o de agora,  con todos os goberno, xa que   dende o 3 de outubro de 2017, data da publicación do BOP, pasaron case 3 meses, o que demostra o autoritarismo e o sectarismo do actual grupo de goberno”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial