Oposición frontal a liña de alta tensión que atravesará Ordes

0

Ordes, 13 de xuño do 2019 – A Rede de Plataformas Medioambientais Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, Auga e Terra Limpas reclama a nulidade do proxecto de liña de alta tensión que atravesaría, ao longo de 40 km, os concellos de Coristanco, Carballo, Tordoia, Cerceda, Ordes e Carral.

Por esta liña transitaría a  enerxía producida polos parques eólicos de Campelo, Bustelo e Monte Toural. Desde a Rede de colectivos reclaman a toda a poboación das comarcas afectadas (Ordes, Bergantiños, O Xallas e A Coruña) para mobilizarse e poder frear o proxecto promovido por Greenalia Power SL.; lembran que o prazo para presentar alegacións no rexistro da Xunta remata o martes 18.

Alegación do BNG de Ordes

Os nacionalistas de Ordes deron estes días unha charla informativa e rexistraron xa unha alegación na que propoñen como alternativa  a repotenciación das liñas eléctricas existentes. O portavoz Pablo Vidal, , expón que “o concello de Ordes está saturado de liñas eléctricas que limitan o desenvolvemento agrogandeiro, forestal e urbanístico da contorna afectada”, é polo que propoñen como alternativa “a repotenciación das infraestruturas de transporte de enerxía existentes, evitando deste xeito afectar a novas zonas”.

Opacidade de sobredimensionamento

A Rede de Plataformas denuncia a opacidade do proxecto xa que nin organismos públicos, nin privados, informaron do mesmo aos veciños o que incumpre a Lei 21/2013 de Avaliación ambiental e a Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común. Tamén explican que a liña está totalmente sobredimensionada, pois contempla unha capacidade moi superior á necesaria para evacuar a enerxía eólica dos tres parques que teoricamente a xustifican.

Os efectos desta liña, según Salvemos a comarca de Ordes,  sobre o medio ambiente, sobre a paisaxe rural, sobre o patrimonio cultural, sobre o benestar da poboación e sobre a economía e o desenvolvemento rural da zona son moi negativos, tendo en conta ademais que esta liña transcorrería practicamente paralela á xa existenteLAT 220KV Vimianzo Mesón do Vento. Esta proximidade implica ademais que o proxecto incumpre á Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia en canto á normativa de liñas aéreas de alta tensión, que obrigaría ao desdobramento da liña existente en lugar de construír unha nova.

A Rede Aire, Auga e Terra Limpas reclaman responsabilidade ás Administracións e lembran Galicia é excedentaria na produción de enerxía eléctrica e que, polo tanto, o destino da enerxía producida sería a exportación fóra da Comunidade. O afastamento dos centros de produción dos lugares de consumo provoca moitas perdas de enerxía no transporte e moita contaminación electromagnética, cuestións que se deben de abordar para lograr unha transición enerxética no noso país que sexa sustentable e respectuosa coas persoas e co seu medio de vida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial