займ срочно

A oposición de Padrón, indignada coa a actitude do goberno ante a entrada en vigor da peonalización

0

Imaxe Luis Miguel Bugallo Sánchez (http://commons.wikimedia.org/wiki/User:Lmbuga)

Padrón, 15 de xaneiro do 2017 (fonte, grupos da oposición de Padrón) – “O PP non cumpriu nin un só dos acordos tomados coa oposición na aprobación conxunta da peonalización”. Este é o resumo que fan os principais partidos da oposición padronesa.

PGD, PSOE, Veciños e AxP explican a súa indignación ante a actitude tomada polo goberno municipal na posta en marcha da peonalización do casco histórico da vila, que ven de entrar en vigor..

A aprobación desta medida, acordada por unanimidade de todas as forzas políticas da corporación o 17 de outubro do pasado ano, foi posible polo compromiso do alcalde e o seu equipo a poñer en marcha as condicións solicitadas pola oposición, que supeditou o seu voto favorable a que estas se cumpriran. Pedían que se sinalizaran, iluminaran e acondicionaran debidamente as alternativas de aparcamento antes da posta en marcha da medida e que se publicitara a nova normativa dende a páxina web e as redes sociais do Concello.

Case tres meses despois da adopción do acordo, e coa nova ordenanza de circulación aprobada definitivamente o 21 de decembro, ningunha destas solicitudes da oposición se cumpriu, pese a ter o goberno tempo máis que suficiente para poñelas en marcha.

E non só non se cumpriron as condicións da oposición, se non que dende o equipo de goberno se fixo todo o contrario ao acordado. Despois de facer público, a través da prensa, que a peonalización entraría en vigor o 1 de xaneiro, a medida púxose en marcha o día 13, creando unha gran confusión entre os veciños das rúas afectadas. Non se utilizaron nin as pantallas dixitais nin a páxina web para facilitarlle a información á poboación, e o bando informativo distribuído polo goberno colocouse só 24 horas antes de que os residentes na zona peonil tiveran que retirar os seus vehículos, polo que moitos non se decataron. Ademais, a aprobación do modelo de tarxetas para os usuarios de garaxe aprobouse en Xunta de Goberno Local o día 12, polo que, coa medida xa funcionando, estas aínda non están preparadas.

As formacións PGD, PSOE, Veciños e AxP lamentan profundamente que o alcalde e o seu equipo estean a sacar o peor dunha medida que consideran beneficiosa para a vila, e condenan novamente o manifesto pasotismo, a irresponsabilidade e a incapacidade para o traballo do goberno do Partido Popular.

Partido Galeguista Demócrata, Partido Socialista de Padrón, Veciños de Padrón e Alternativa por Padrón

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies