займ срочно

Crece a oposición ao proxecto de parque eólico en Ordes

0

Ordes, 10 de abril do 2018 – O BNG de Ordes presentará alegacións ao parque eólico de Ardemil e a concelleira non adscrita Beatríz Candal lanza unha plataforma en Defensa dos Intereses Sociais dos veciños da zona.         

O proxecto de Parque Eólico está impulsado desde a empresa Capital Energy, vinculada a  ACS da que é propietario Florentino Pérez. O proxecto denominado Ardemil afectaría aos concellos de Ordes, Cerceda, Carral, Abegondo y Mesía e suporía a instalación duns 15 aeroxeradores. Só en Ordes o proxecto podería afectar a máis de 2.000 veciños.

O BNG presenta alegacións

O Bloque Nacionalista de Ordes presentou xa unha serie de alegacións ao proxecto medio ambiental. Según explica o voceiro Pablo Vidal “estamos a falar dunha infraestrutura cuxa área de afección contén mais de 2.000 habitantes distribuídos en 74 núcleos rurais e o solo urbano do Mesón do Vento, o que supón mais dun 15% da poboación do Concello de Ordes”. Os nacionalistas denuncian que “a proximidade da situación pretendida dos Aeroxeradores aos núcleos rurais existentes e ás vivendas, chega nalgúns casos a ser inferior a 80 metros, o cal é menor que a altura da propia torre que os sustenta”. O BNG solicita que se informe negativamente o impacto medioambiental pola clara afectación que suporía para a paisaxe, pola proximidade co itinerario do Camiño Inglés e polo impacto negativo nos recursos madereiros e agrogandeiros.

Plataforma Veciñal

Pola súa banda a concelleira non adscrita do Concello de Ordes Beatriz Martínez  Candal lanzou en Facebook unha Plataforma en Defensa dos Intereses Sociais no Parque Eólico deste municipio porque considera que os veciños afectados de Ardemil,  Buscás e Vilamaior non están a ser ben informados. Para Martínez  Candal, “o  Concello non está a informar aos veciños como debería”. A creación da Plataforma, segundo a concelleira, responde o interese das parroquias afectadas en coñecer con detalle as vantaxes e desvantaxes do proxecto, reclama coñecer exactamente o seu impacto visual na paisaxe e esixe que o Parque Eólico de Ordes non sexa unha nova operación especulativa. Martínez  Candal defende ademais desde esta Plataforma que os supostos beneficios dos aeroxeradores do Parque Eólico de Ardemil revertan dalgunha maneira ás zonas afectadas, reclama que as rendas aos propietarios afectados sexan dignas e con iso contribuír a fixar e a revitalizar a zona rural afectada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies