Reclaman transparencia na convocatoria de oposicións de protección civil na Estrada

0

A Estrada, 20 de Nadal do 2017 –  O BNG de A Estrada reclama claridade na convocatoria de prazas para o servizo de Protección Civil do concello.

O concello da Estrada vén de convocar un concurso-oposición para elaborar unha lista de reserva de operarios para o servizo de protección civil. O BNG explica, nunha nota de prensa emitida onte, que “nas bases que se poden consultar na web do concello non só non esixe titulación mínima, senón que obvia como mérito a titulación de ciclo medio Emerxencias e protección civil, que se imparte no IES Losada Diéguez da Estrada.

Os nacionalistas denuncian que as bases non especifican as tarefas que tería que realizar a persoa contratada como operario. Para o BNG deberíase ter en conta como mérito a titulación que se imparte no IES Losada Diéguez xa que inclúe competencias acordes á entidade na que esta persoa ou persoas van traballar. As bases pola contra so piden unha titulación xenérica polo que se lle da prioridade a unha titulación que non se imparte no concello fronte a unha que si se da.

Os nacionalistas consideran que “é un tanto sospeitoso que por unha banda non se especifiquen as funcións, mais logo si se discrimina nos méritos aportados. O lóxico, desde o noso punto de vista, sería que se esixira como titulación mínima o ciclo que se imparte na Estrada e como mérito o ciclo medio de Emerxencias Sanitarias”.

O BNG esixe ao grupo de goberno claridade e transparencia nas convocatorias de emprego público do concello que eviten erros e suspicacias de todo tipo ademais de por en valor os ciclos que se imparten na vila.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies