A oposición de Ordes únese para pedir medidas de reactivación económica

0

Ordes, 11 de maio do 2020 – BNG, Psoe e Unión x Ordes, toda a oposición municipal, ven de solicitar de forma conxunta unha mesa de diálogo sobre a reactivación económica do concello.

Os grupos da oposición explican que “a veciñanza de Ordes non entendería que os grupos políticos da corporación municipal, ante unha situación como a que estamos a afrontar, non fosen capaces de manter unha postura de unidade, diálogo, comunicación, participación, debate e peche de acordos”.

A oposición quere que se inclúan aos sectores afectados

Co gallo de acadar un consenso o mais amplo posible, os citados grupos consideran que a mesa de diálogo debe estar constituída por “representantes de tódolos grupos políticos da corporación municipal, do comercio, da hostalería, do sector cultural, autónomos e PEMES”, mantendo reunións preferiblemente a través de medios telemáticos, que garanten o cumprimento das medidas preventivas fronte a posibles contaxios por COVID-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial