займ срочно

Ordes abre a matrícula na  Escola Municipal de Música

0

Ordes, 31 de agosto do 2018 – O Concello de Ordes comunica o prazo de matriculación para o próximo curso da Escola Municipal de Música, que comeza o próximo luns e rematará o 17 de setembro.

Para poder matricularse na Escola Municipal de Música serán requisitos indispensables ter como mínimo tres anos de idade (non hai idade máxima) e estar escolarizado. As dilixencias pertinentes levaranse a cabo no Departamento de Educación, situado no primeiro andar do Concello.

Haberá dous tipos de matrícula: a sinxela (unha soa asignatura) e a completa (máis dunha asignatura). O importe desta será de 67 € por unidade familiar, puidendo beneficiarse as familias numerosas dun desconto do 50%. As mensualidades serán de 20 € para a sinxela e 40 € para a completa.

O plan académico deste ano estrutúrase en catro cursos de formación para, unha vez concluídos, acceder ao nivel de perfeccionamento. Tamén terase a posibilidade de preparación do acceso ao grao profesional do conservatorio. As opcións serán: música e movemento, linguaxe musical, coro, combo rock, banda de inicio, banda xuvenil de ventos e percusión e big band. Como especialidades manteranse as clases de guitarra, piano, trompeta, trombón, tuba, trompa, bombardino, clarinete, saxofón e frauta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies