Ordes abre o novo parque infantil cuberto

0

Ordes, 17 de abril do 2019 – Dende esta fin de semana xa está aberto ao público o parque infantil cuberto situado no Campo da Feira, obra cuxo orzamento de licitación ascendeu a máis de 190.000 euros.

O parque infantil dispón dunha ampla cuberta de aceiro e de placas translúcidas, quedando así habilitada dun amplo espazo onde poder resgardarse das inclemencias meteorolóxicas. Trátase dunha demanda veciñal que se viña dando dende hai moito tempo e que deste xeito queda solucionada. Algo realmente necesario se se ten en conta a gran cantidade de días que en Ordes se rexistran precipitacións.

O zona conta no seu conxunto cun valado de malla metálica electrosoldada e con pregas de reforzo que, ademais de permitir o seu peche pola noite, suporá unha maior seguridade para a rapazada que faga uso da instalación. Tamén en prol da seguridade colocouse un pavimento de caucho reciclado para absorber os impactos e evitar lesións.

bdr

Ademais, está situado a carón da pista multideporte, a cal leva aberta ao público dende hai aproximadamente un ano e na que se poden practicar deportes como fútbol, baloncesto, voleibol ou bádminton. Con todo isto o Campo da Feira pasa a converterse nun dos espazos de ocio familiar máis destacados e importantes da vila, tendo en conta, ademais, a proximidade co paseo fluvial Ramiro Recouso Liste.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial