Ordes abre o prazo de inscrición para o Halloween Camp

0

Ordes, 24 de outubro do 2018 –  O Concello de Ordes vén de abrir o prazo para apuntarse no Halloween Camp, unha xornada de conciliación que terá lugar de 9 a 14 horas (con posibilidade de ampliar horario) o vindeiro 2 de novembro, coincidindo coa ponte de Todos os santos.

O Halloween Camp está dirixido a nenos e nenas escolarizados entre os 3 e os 12 anos. Entre outras actividades organizarase unha festa de disfraces, xogos en grupo, traballos e obradoiros manuais, cancións en inglés, música e movemento etc.

O prazo para inscribirse finalizará o vindeiro 31 de outubro. Poderase formalizar no Departamento de Educación do Concello de Ordes. O prezo será de 4€, habendo descontos do 50% para familias numerosas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial