Ordes abre o prazo para a conciliación de Nadal

0

Ordes, 14 de decembro do 2018 – O Concello de Ordes volve ofrecer a posibilidade de participar no Christmas Camp, o programa de conciliación para as vacacións do Nadal.

As actividades terán lugar durante os días 24, 26, 27, 28 e 31 de Nadal e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro.

Cartaz Ordes NadalXogos, música e movemento, canción, traballos manuais, obradoiros creativos, festas temáticas… Todo isto e máis é o que se lles ofrece aos nenos e  nenas escolarizados e con idades entre os 3 e os 12 anos, nun horario que vai de 9 a 14  horas (posibilidade de acordar outros horarios).

O prazo para apuntarse permanecerá aberto ata o próximo 21 de decembro no Departamento de Educación do Concello de Ordes (981680002). O importe é de 36 € en total, habendo desconto do 50% para as familias numerosas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial