Ordes abre o programa Xuntos polo Nadal

0

O programa de Ordes permite ás persoas maiores desfrutar das celebracións do Nadal en compañía, nas residencias do Carballiño e Nigrán

Ordes, 9 de novembro do 2016 – O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes pon en coñecemento das persoas maiores que xa está aberto o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’.

A estancia terá lugar entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro. En total ofértanse 240 prazas, das cales 120 correspóndenlle á Residencia de Tempo Libre do Carballiño para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña, e as 120 restantes á residencia de Panxón (Nigrán) para as de Lugo e Pontevedra. Entre os requisitos esixidos figuran estar empadroados nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio, estar só nas datas do Nadal, non estar acollido nun centro residencial e valerse por si mesmo.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o mesmo 23 de novembro. Aquelas persoas con menores recursos económicos (ingresos mensuais inferiores  532,51€) poderán optar a prazas gratuítas, mentres que para as demais terá un custo de 50 €.

Para acadar máis información pódese chamar ao Departamento de Servizos Sociais (981680002), ou acceder á páxina web www.benestar.xunta.es.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial