Ordes abre a pista de xeo

0

Ordes, 7 de decembro do 2017 – Desde a tarde do martes a veciñanza de Ordes xa pode disfrutar da pista de xeo que o Concello ten instalada na alameda.

A pista de xeo é un dos máximos atractivos cos que contará o municipio neste Nadal, sobre todo paara os máis cativos e cativas. A instalación permanecerá aberta ata o vindeiro 7 de xaneiro.

A pista ten unhas dimensións de 15m x 20m baixo unha gran carpa  transparente de 20m x 30m, na que ademais instalarase o despacho de billetes, a área de patíns e bancos. Tampouco faltará en todo momento música ambiental.

Ata o 21 de decembro o horario de apertura será de luns a venres de 17 a 22 horas, mentres que os sábados, domingos e vésperas de festivos será de 11 a 14 e de 17 a 22 horas. A partir do día 22 de decembro abrirá de luns a venres de 11 a 14 e de 17 a 22 horas, mentres que as fins de semana e véspera de festivos será de 11 a 14  e de 17 a 22 horas. Ademais, cómpre ter en conta os horarios especiais establecidos para días concretos. Así o 24 e 31 de decembro irá de 11 a 19 horas, o 25 de decembro de 12 a 14 e de 17 a 22 horas, o 1 de xaneiro de 17 a 22 horas, o 5 de xaneiro de 11 a 14 horas, mentres que o 6 de xaneiro abrirá ás 17 horas e pechará ás 22 horas.

Os prezos por hora variarán dende os 6 € para persoas adultas ata os 4 € para os colexios. Este ano tamén se establecerán tarifas familiares que inclúen dúas persoas adultas (6 € por cada unha) e menores de 13 anos (5 euros).

A empresa encargada proporcionará os patíns, tendo que levar os usuarios e usuarias a roupa axeitada e de abrigo para poder desfrutar da experiencia nas mellores condicións. Será recomendable que os nenos e nenas menores de 8 anos acudan acompañados dunha persoa adulta.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies