займ срочно

O alcalde de Ordes advirte do peche de locais que non cumpran as normas

0

Ordes, 6 de xullo do 2020 – O alcalde de Ordes fíxose eco no Facebook do concello das queixas de moitos veciños sobre o incumprimento das normas sanitarias.

José Luís Martínez chama no escrito a colaboración da veciñanza de Ordes “para un uso responsable dos espazos públicos, das terrazas e dos locais de ocio nocturno no noso municipio, así como ao estrito mantemento das distancias de seguridade e demais normas, medidas e obrigas vixentes”.

Na publicación o alcalde explica que distintas persoas alertaron ao concello dos problemas que se dan en espazos públicos, en espacial no campo da feira a partir da media noite, con aglomeracións de persoas e falta de uso das mascarillas.

Martínez Sanjurjo di que son “cuestións que inicialmente estamos tratando de corrixir con notificacións individuais con acuse por parte da policía local aos titulares dos establecementos, recordándolle das súas obrigas e horarios”.

O alcalde advirte tamén que en caso de existir dudas sobre a seguridade podería decretarse de novo o peche de locais “do mesmo xeito que actualmente teñen autorización de apertura os locais de ocio nocturno da vila, de advertir un mínimo perigo para a saúde pública xeral co coñecemento de un novo comportamento irresponsable, decretarase o #peche de calquera establecemento no que non se respecten as normas vixentes (uso obrigatorio de mascarilla, separación de seguridade, extremar a hixiene,…)”.

Na nota José Luís Martínez remata invitando á veciñanza a poñer en coñecemento da Policía Local ou da Garda Civil os comportamentos inadecuados que se poidan ver.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies