Presentan 600 alegacións contra o tratamento de residuos cárnicos en Cerceda

0

Bisbarra, 24 de agosto do 2020 – Colectivos da bisbarra de Ordes presentaron 600 alegacións contra a ampliación que a empresa Cesuga destina a tratamento de residuos cárnicos en Cerceda.

Cesuga traballa no tratamento de residuos cárnicos non destinados ao consumo humano. Según a súa propia web tratan en torno a 250.000 kilos por día de residuos dos que obteñen 80.000 kilos día destinados a enerxía e 3.000 peles de vacún ao mes.

Cesuga ven de solicitar unha ampliación de máis de 10 hectáreas para traer a Galicia e tratar reses mortas do norte de España e Norte de Portugal. O pasado venres asociacións da bisbarra de Ordes, como a de afectados polo vertedoiro de Lesta ou o colectivo Salvemos a Comarca entre outros, presentaban en distintos rexistros da Xunta as 600 alegacións colapsando algúns deles pola abudante documentación que se presentaba.

A veciñanza mostra a súa preocupación polos riscos de contaminación ambiental e a afectación a saúde pública polo transporte e tratamento destes residuos. Tamén explican o deterioro da calidade de vida das parroquias veciñas gravemente afectada xa polos cheiros que a planta está a xerar.

Según as alegacións presentadas Cesuga non cumpriría coa lexislación e a normativa urbanística polo que o concello de Cerceda non podería modificar o planeamento urbanístico para admitir a ampliación.

Os colectivos denuncian ademais a dificultade para acceder á documentación xa que seis días despois de iniciado o proceso de exposición pública non se podía consultar nas oficinas municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial