O Pleno de Ordes aproba a baixada do IBI e o ICIO

0

Ordes, 1 de outubro do 2017 – O pleno municipal de Ordes correspondente ao mes de setembro aprobou, entre outras cuestións, a baixada do IBI e do ICIO.

O pleno aprobou a derogación da baixada de impostos aprobada en maio con informes negativos pero tamén a baixada do Imposto de Bens Inmobles e o Imposto de Construcións. No caso do IBI do 0,56% actual pasarase ao 0,53% en 2018 e ao 0,51% en 2019. o ICIO pasará progresivamente do 2,78% ao 2,50% nos vindeiros anos. Ademais tamén se aceptou a aplicación de bonificacións entre o 10% e o 75% para aquelas empresas que xeren emprego, tal e como solicitaran os nacionalistas en maio pasado.

O pleno comezou cos datos da amortización de débeda que se sitúa en 2.736.000 tras o último pagamento de 336.000 €, obtidos do remanente do exercicio 2016.

A sesión aprobou a conta xeral de 2016 coa suma dos cinco votos dos membros do equipo de Goberno, do Psoe e o do non adscrito Roberto González. O voto en contra veu da man dos dous integrantes do BNG e de Beatriz Martínez (non adscrita). Os dous concelleiros actuáis de UxO e Luis Caamaño (non adscrito) optaron pola abstención.

O BNG explica nunha nota de prensa que o voto negativo ven dado pola existencia, durante o exercicio pasado, de nove contratos caducados sobre os que se realizou unha prorroga tácita non permitida pola lei de contratos do sector público, os nacionalistas acusaron ao alcalde de non ser capaz de solucionar dita situación irregular en ano e medio de goberno.

O apartado de mocións abriuno Beatriz Martínez (non adscrita), acadando unanimidade na súa petición para sinalar e adecuar debidamente as paradas de autobuses ao longo do termo municipal.

Un consenso que tamén obtivo o voceiro do grupo socialista, Alejandro Manteiga, na súa petición de traballar en prol da colaboración entre o Concello e a Consellería de Sanidade para a construción, o máis pronto posible, dun heliporto a carón do centro de saúde de Ordes. Importante tamén foi o chamamento de Manteiga a toda a corporación para “continuar traballando de cara á aprobación provisional do PXOM, dada a importancia que este ten para o desenvolvemento do municipio e, especialmente, para continuar cos trámites necesarios de cara á construción do polígono industrial de Pardiñas”. Un aspecto no que tamén redundou Martínez Sanjurjo “sobre todo tendo en conta que a día de hoxe só queda unha parcela libre no polígono de Merelle”.

O BNG solicitou unha xuntanza para debater a posibilidade de mancomunar o servizo de guindastre cos municipios de Oroso, Cerceda e Carral. Unha iniciativa que foi respaldada por todos, agás o concelleiro Roberto González, “aínda que na Mancomunidade xa se ten falado desta posibilidade e non se chegou a ningún tipo de acordo. De feito algún destes concellos xa ten rexeitado esta medida”, aclarou o alcalde.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies