Ordes arranxa o  camiño do Casal,  na parroquia de Vilamaior

0

Ordes, 11 de novembro do 2017 – O Concello de Ordes vén de iniciar nestes días as obras de mellora do camiño da estrada AC-524 ao Casal pasando pola aldea de Porpalla, na parroquia de Vilamaior.

A obra do camiño do Casal ten intervención orzamentada en preto de 170.000 euros na súa totalidade, sufragados co remanente do ano 2016, o cal se destina a investimentos financeiramente sostibles.

Cunha lonxitude total de algo menos de 2,5 km, 5 m de anchura e 1,80 metros cadrados de sobreancho, preténdese a mellora da capa de rodadura con 5 centímetros de aglomerado sobre toda a plataforma tras a reparación de fochas e o ancheado da plataforma actual co fin de igualala en todo o seu trazado.

Tamén se contempla a limpeza de gabias e salvagabias para a correcta drenaxe de augas, pintado e sinalización, ademais da relocalización de postes e elementos eléctricos. Estímase que o prazo de execución remate antes de concluír este ano 2017.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies