Ordes arranxa as vías da Ermida e Nouche

0

Ordes, 9 de novembro do 2019 –   Ordes vén de investir 49.653,40 euros na mellora da súa rede viaria, en concreto nas vías da Ermida, na parroquia de Beán, e o acceso ao Outeiro, en Nouche.

arranxos na Ermida e NoucheNo caso da Ermida ao longo de tres treitos executouse a mellora da capa de rodaxe no pavimento e na zona de acceso, con aglomerado quente e tratamento asfáltico respectivamente.

Para o arranxo da pista do Outeiro aplicouse tamén un tratamento asfáltico superficial e rego de selado. En todos os casos previamente realizouse reparación de fochas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo

arranxos na Ermida e NouchePara rematar limpáronse as gabias e salvagabias, co fin de que a drenaxe das zonas, tanto lonxitudinal como transversal, se realice de maneira correcta.

 

arranxos na Ermida e Nouche

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial