Ordes asina convenios con entidades deportivas por máis de 84.000 €

0

Ordes, 26 de febreiro do 2018 –  O Concello de Ordes vén de asinar os convenios de colaboración coas entidades deportivas locais por un total de 84.200 €.

O acto tivo lugar na nova sala de xuntas do antigo consistorio, recentemente remodelado. Alí déronse cita o alcalde de Ordes e a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, con  membros dos cadros directivos e representantes das distintas entidades deportivas. En conxunto estas recibiron 40.200 €.

De maneira individual as aportacións entregadas foron as seguintes: Sociedade Deportiva Órdenes 18.000 €, A.C. Órdenes 12.000 €, Club Patinaxe Galia 3.600 €, Asociación Deportiva Taekwondistas da Comarca de Ordes 3.600 €, Sociedade Deportiva Montaos 1.500 €, Asociación Deportiva Vila de Ordes 1.500 €.

Unhas cantidades ás que hai que sumarlle outros 38.000 € aportados ás escolas deportivas. No caso das escolas fútbol (S.D. Órdenes) e de hóckey (A.C. Órdenes) son de 15.000 € para cada unha delas, e de 8.000 € para as de fútbol sala (Jogafán Ordes F.S.).

Secretaría Xeral      

No acto o rexedor ordense informou tamén sobre a compatibilidade aprobada pola Secretaría Xeral do Deporte para a concesión de becas individuais por parte do Concello de Ordes. “Unha medida coa que queremos contribuír e axudar a deportistas que destacan nas súas disciplinas e que participan en competicións de ámbito autonómico, nacional e, ogallá, que algún día tamén olímpico”, manifestou. En xeral serán 3.000 € a repartir entre os nomes propios máis sobresaíntes, aínda que nesta primeira ocasión a cantidade será o dobre (6.000 €) ao contar cos cartos que non se puideron entregar no pasado exercicio debido á espera do permiso correspondente antes citado.

Por último, unha vez máis, a edil de Deportes lembroulles a todas e todos os presentes a súa predisposición por prestarlle a súa axuda e a intención “de seguir traballando de maneira conxunta en beneficio do deporte en Ordes”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial