Recollen sinaturas contra os asolagamentos en Merelle, Ordes

0

Ordes, 30 de xaneiro do 2020 – O BNG de Ordes recolleu sinaturas da veciñanza de Merelle para denunciar a ineficacia da rede de pluviais da estrada N-550 ao seu paso por ese lugar.

O mal estado provocou problemas de seguridade viaria e mesmo inundacións no interior de varias vivendas. Os asolagamentos en Merelle prodúcense con serta asiduidade en períodos de choiva como se están dando nas últimas semanas.

BNG recolle sinaturas en Merelle polas inundaciónsPablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que “episodios de asolagamentos coma os acontecidos o 17/09/2019 ou o 16/01/2020, non son de recibo e poñen claramente de manifesto a ineficacia do sistema de evacuación de pluviais que transcorre pola N-550 ao seu paso por Merelle, Mesón de Deus e Fonte Estrei”.

Os nacionalistas presentaron un escrito perante a Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, avalado polas sinaturas da veciñanza, onde solicita “levar a cabo, con carácter urxente, as actuacións precisas para evitar que se repitan no futuro os citados asolagamentos”.

Ademais Vidal sinala que o BNG leva unha iniciativa ao respecto ao pleno, no cal “agardamos sumar o apoio da corporación municipal, na procura dunha solución ao problema”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial