займ срочно

Ordes acolleu a presentación das novas axudas ao sector agrario

0

Ordes, 24 de marzo do 2018 – O concello de Ordes serviu de sede para a presentación da nova orde de axudas, plans de mellora e creación de emprego en explotacións agrarias.

O Delegado da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Ordes, José Antonio Sanjurjo, foron os encargados de presentar a nova orde de axudas a técnicos das oficinas agrarias comarcais, dos sindicatos agrarios e asesores. Unha xuntanza na que se lles informou de primeira man das características e últimas novidades para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións para o ano 2018.

Estas axudas están cofinanciadas nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O prazo de solicitude estará aberto ata o 16 de abril. A dotación orzamentaria distribúese en tres liñas de axudas. No caso do apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas o presuposto é de 40 millóns de euros, de 20 millóns para a incorporación de mozos e de 5 millóns para a creación de empresas e para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

Según o Delegado Ovidio Rodeiro trátase de “Unhas axudas que supoñen unha gran oportunidade para seguir afondando na profesionalización dos nosos agricultores e gandeiros e conseguir un adecuado dimensionamento das súas explotacións, ademais de favorecer que novos mozos e mozas se incorporen ao agro”.

Priorización

Priorizaranse ás explotacións que incorporen ou teñan incorporado nos cinco últimos anos un agricultor mozo, aquelas que habiliten novas unidades de traballo, así como as que soliciten axudas para proxectos innovadores ou integrados. Tamén as que teñan a condición de explotación prioritaria, as de montaña e ecolóxicas e as de titularidade compartida. As axudas irán dende un 30% dos custes elixibles ata o 50%. Co fin de poder chegar a máis solicitantes agora a contía máxima será de 500.000 euros por solicitante.

Xente nova

No caso dos agricultores mozos as achegas van dirixidas ás persoas de entre 18 e 41 anos, podéndose englobar en catro modalidades diferentes. A titularidade exclusiva, a cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria, a integración como socio nunha entidade asociativa ou o acceso mediante titularidade compartida. Para a creación de empresas ou para o desenvolvemento de pequenas explotacións as achegas tamén están supeditadas á execución dun plan empresarial no caso das máis pequenas. Nesta ocasión inclúense como sectores prioritarios o de avicultura artesanal e o de plantas aromático-medicinais, que se engaden aos hortícola, frutícola, florícola, apícola, vacún de carne e ovino/cabrún.

Máis de 300 explotacións beneficiadas no último ano

As liñas de axudas ao longo do ano 2017 permitiron que preto de 300 explotacións agrarias da provincia da Coruña se beneficiaran de 17,5 millóns e medio de euros en subvencións da consellería de Medio Rural para investimentos en plans de mellora e incorporación de mozos e mozas por primeira vez a empresas agrarias. Contando tamén as achegas para os novos investimentos realizadas polos titulares das explotacións, esta liñas de axuda supón un investimento global no agro da provincia de máis de 12 millóns de euros. As comarcas con máis explotacións que recibiron axudas para plans de mellora foron Ordes, con 37, Terras de Melide, con 20, Arzúa con 17 e Xallas e Santiago con 16 cada unha. En canto á incorporación de agricultores mozos, as comarcas con máis expedientes aprobados foron Ordes, con 24, Arzúa, con 21, Terras de Melide con 15 e Xallas con 11.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies