Ordes destina 24.000 € ás axudas para a adquisición de material escolar

0

Ordes, 17 de setembro do 2018 – Ata o vindeiro 11 de outubro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo de solicitude para as axudas de material escolar.

Este ano o Departamento de Educación destina 24.000 euros a estas axudas, 6.000 € máis con respecto ao ano pasado, para as familias que estean empadroadas e residan no municipio. Tamén é requisito indispensable que o alumnado estea escolarizado no concello nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos.

Para calquera consulta pódese chamar ao  981680002 (ext. 4) ou ben ampliar a información a través dos seguintes enlaces: www.ordes.gal e (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/09/14/2018_0000006677.pdf).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial