Ordes destina 18.000 € as axudas de material escolar

0

Ordes, 13 de setembro do 2017 – Ata o vindeiro 2 de outubro o Concello de Ordes manterá aberto o prazo para solicitar as axudas de material escolar.

Unha convocatoria feita pública no BOP de onte martes, 12 de setembro de 2017, onde se da conta das bases reguladoras da dita subvención. En total a administración local destina 18.000 euros para as familias máis necesitadas que estean empadroadas e residan no municipio. Tamén é requisito indispensable que o alumnado estea escolarizado no municipio nos cursos de infantil, primaria ou secundaria obrigatoria. O método de pago será mediante un vale que se poderá intercambiar nos establecementos adheridos.

As solicitudes deberán entregarse no departamento de Educación, situado no primeiro andar do edificio consistorial. Para calquera consulta pódese chamar ao  981680002 (ext. 4) ou ben ampliar a información a través dos seguintes enlaces: www.ordes.gal e http://bit.ly/2xtm3sa.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies