Unha armadura con ferruxe nas Tardes de Contos e lendas de Ordes

0

Ordes, 1 de outubro do 2019 – As Tardes de contos e lendas achegan unha nova historia a Ordes, Unha armadura con ferruxe, na que os cativos aprenderán a importancia da igualdade de xénero.

A compañía garabato de xogos presentará, na biblioteca municipal, Unha armadura con ferruxe. En esta ocasión as Tardes de contos e lendas están pensadas para nenos de 5 e 6 anos e comezará as seis e media da tarde de este venres día 4.

Quen queira acudir deberá inscribirse previamente en horario de mañá, ben na mesma biblioteca ou ben chamando ao 981 681992.

O obxectivo e incentivar e traballar dende ben cedo a importancia da igualdade entre nenos e nenas. Esta iniciativa conta coa subvención Ler Igualdade, da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial