займ срочно

Propoñen a cancelación de distintos recibos e tributos no concello de Ordes

0

Ordes, 26 de marzo do 2020 – O BNG de Ordes ven de propoñer a cancelación, durante os meses de marzo e abril de distintas recibos e tributos que dependen directamente do concello.

Os nacionalistas propoñen a anulación dos recibos das terrazas, postos de feira e praza de abastos.

Do mesmo xeito, proponse estender esta medida aos cursos e ás cotas de carné mensual ou de tempada da piscina climatizada e do ximnasio municipal, así como a calquera actividade que se vise suspendida por mor do Coronavirus.

Finalmente, desde o bloque fpiden eximir do pagamento da cota tributaria polo abastecemento de auga, recollida de lixo e prestación de servizos de sumidoiros e depuración, a aqueles locais que tivesen que suspender a súa actividade por mor da pandemia.

Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que “por responsabilidade, desde o primeiro momento tendemos a man ao goberno municipal para afrontar esta ameaza, e nesa actitude seguiremos a traballar formulando propostas de actuación”.

Xa o 15 de marzo o BNG propuxera suspender a actividade política municipal e a localización por parte do concello de aqueles casos de xente maior que vivise soa e puidese precisar de axuda para mercar alimentos e medicamentos, poñendo á súa disposición recursos municipais para esta finalidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies