As deficiencias no Pac de Ordes a debate no pleno de setembro

0

Ordes, 21 de setembro do 2020 – O Bloque Nacionalista de Ordes ven de presentar unha moción, para ser debatida no pleno ordinario de setembro, na que pide solucións os problemas do PAC de Ordes.

Os nacionalistas solicitan para o PAC máis persoal sanitario e unha mellora na xestión xa que na actualidade acumúlanse os retrasos nas petición de citas. Así mesmo tamén demandan “a presenza continuada de dous equipos completos (2 médicos/as e 2 enfermeiros/as) para o  servizo de urxencias do PAC, a dotación a tempo completo de dous pediatras e dous enfermeiros para unha mellor atención no servizo de pediatría, unha maior dotación de matronas e a implantación dun servizo de radioloxía”.

Pel reactiva da deputación da coruña

O BNG ordense solicitará demais no pleno que o concello de Ordes solicite o PEL Reactivas da Deputación da Coruña. Según o voceiro nacinalista, Pablo Vidal, “é unha oportunidade única para dispor dunha bolsa de 280.099,11 € destinada a axudas para persoas autónomas e microempresas do noso concello afectadas polo peche durante a Covid ou que visen reducida a súa facturación”.

Para poder acceder ao PEL, o concello de Ordes debería aportar unicamente o 20% dos fondos, é dicir 56.019,82 €, sendo o 80% restante aportado pola Deputación da Coruña.

Vidal opina que “non podemos deixar escapar esta oportunidade de axudar e inxectar liquidez ás 1.153 persoas autónomas do noso concello, dado que poderían acceder a axudas que oscilan entre os 2.000 e 3.000 €, segundo o caso”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial