Reclaman o desvío dos camións que pasan polo centro de Ordes

0

Ordes, 25 de outubro do 2017 – O BNG de Ordes presentou unha iniciativa para o desvío do tránsito dos camións que transportan refugallos a SOGAMA e GESUGA das rúas de Ordes.

Actualmente os camións atravesan as rúas da vila, especialmente a Avda. Alfonso Senra, a Rúa do Recreo e a Rúa dos Lagartos, para tomar a AC-413 no seu camiño cara as plantas de SOGAMA e GESUGA.

Os nacionalistas propoñen que os camións empreguen a rolda leste e tomen a estrada Ordes-Cerceda por Virís, a cal pasou recentemente a ser titularidade da Xunta de Galicia, evitando deste xeito a circulación polo casco urbano da vila de Ordes.

O portavoz do BNG de Ordes, Pablo Vidal, lembra que “hai xa dez anos que o BNG iniciou unha campaña para retirar a circulación destes camións das rúas de Ordes, chegando a recoller mais de 3.000 sinaturas da veciñanza apoiando a medida”.

A proposta tamén será debatida no parlamento galego a través do grupo parlamentar do BNG.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies