займ срочно

Propoñen que Ordes faga peonís distintas rúas durante os festivos

0

Ordes, 5 de maio do 2020 – A pandemia segue deixando propostas que foron primeiro para o confinamento e agora para a desescalada como a de convertir en peonís distintas rúas durante os festivos.

A idea do BNG de Ordes parte da necesidade de de crear itinerarios de paseo onde poder manter unha distancia de seguridade, “o cal vese dificultado polas beirarrúas estreitas coas que conta Ordes”. Converter rúas en peonís durante os festivos sería unha das solucións.

Pablo Vidal, portavoz do BNG de Ordes, expón que “coa medida, ademais permitiríase dispor de zonas nas que nenas e nenos poidan xogar, andar en bicicleta ou patinete con total seguridade”.

Tres áreas

Os nacionalistas poñen enriba da mesa a creación de tres áreas, distribuídas na zona do Paraíso aproveitando a urbanización existente, na zona do Piñeiro coas rúas Viriato Lamas e da Fábrica, e unha última área no centro da vila, “conseguindo neste último caso enlazar os paseos Ramiro Recouso e Iván Raña xunto coa residencia de maiores”, afectando neste caso ás rúas do Mercado, entre parques municipais, Víctor González Faya, Compostela e Muíño, “chegando deste xeito a integrar no percorrido á rúa de Mundito a cal xa é peonil”.

rúa Piñeiro en Ordes

Rúa do Piñeiro

Polo tanto, o tráfico rodado nas rúas afectadas quedaría prohibido durante fins de semana e festivos, agás carga e descarga, garaxes e vehículos de emerxencia e servizos.

Vidal, recalca que “trátase dun punto de partida de cara a un posible acordo final” e agarda que “o alcalde reúna á corporación municipal para buscar un consenso ao respecto e intentar implantar o sistema o mais axiña posible”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies